VEGANA

Vigo se ‘Reconquista’ un mes máis tarde

O domingo, por fin, expulsaremos ás tropas napoleónicas. Cun mes de atraso os vigueses reconquistaremos a vila. A representación comezará ás 18:00 horas na porta do Sol, pero a festa no Casco Vello comezará ao mediodía.

Un momento da representación improvisada o pasado 8 de abril

Por mor da chuvia a representación da Reconquista, prevista para o domingo 8 de abril, tivo que cancelarse e posporse ata esta fin de semana. O domingo tódolos vigueses estamos convidados a vestirnos de época e expulsar ás tropas francesas, encabezadas polo comandante Chalot. A representación comezará ás seis da tarde na Porta do Sol e continuará na Porta de Gamboa, ata rematar no porto da Laxe onde os gavachos embarcarán rumbo a Francia (podes consultar como será a representación neste enlace).

REVISTA OUTUBRO

A festa no Casco Vello comezará ás 12:00 do mediodía coa actuación de varias agrupacións folclóricas e ás 17:00 horas actuará o Orfeón Mariñeiro do Berbés. Todo, se a previsión se cumpre, baixo un sol de xustiza que de ben seguro animará a que saímos a rúa e gritemos iso de ‘gavachos fóra’.