REVISTA ABRIL

Vigo en Nova York coa cuarta edición do Festival Kerouac

As letras olívicas desembarcan en Nova York, por cuarto ano consecutivo, coa nova edición do Festival Kerouac. A artista viguesa do xénero musical HipHop-Soul, Woyza, e o xornalista e escritor vigués, Alberto Avendaño, participarán xunto con outros artistas de América, España e Estados Unidos neste evento que busca situar a poesía como un ben de consumo contiá e pór en valor a lingua española e galega.

Durante catro días, do 3 ao 6 de abril, as e os artistas reuniranse en diferentes lugares como o Insituto Cervantes de Nova York ou o Bowery Poetry Club para verificar o carácter transgresor da poesía mediante unha mostra “dinámica e contemporánea” das diferentes formas que pode adoptar este xénero literario.  

REVISTA ABRIL

Ademais da cantante Woyza e do escritor Alberto Avendaño, ambos vigueses, tamén participan no Kerouac as poetisas Marina Oroza, Rocío Cerón e Keila Vall, o productor Abraham Chaveles, a performer Jani Rose, os slamers  Anthony McPherson e Chris Campanioni, a activista cultural Courtney Surmanek e coñecido Bob Holman, entre outros.

Alén do obxectivo transgresor, este festival, baixo o espírito da Xeración Beat,  busca a construción dunha ponte que facilite o intercambio cultural, a apertura de fronteiras e o desenvolvemento de novas visións e proxectos, baseados na colaboración artística e no uso común das diversas linguas.

Pola súa parte, o número e calidade de escritoras desta edición deixa patente a aposta polo papel da muller no ámbito da cultura nun contexto de necesidade de ampliar as voces femininas.