VIALIA
CAMELIAS NADAL

Vigo convértese na capital galega do feminismo

O domingo Vigo será a capital galega do feminismo. A Plataforma Feminista Galega organiza unha gran manifestación na cidade para que as galegas e os galegos se manifesten en prol da igualdade. A marcha que partirá de Via Norte ás 12 do mediodía ten un carácter reivindicativo pero tamén festivo, tanto o domingo como os días previos celebraranse diferentes actos culturais.

CAMELIAS NADAL

A unha semana do 8M, Día das Mulleres Traballadoras, Vigo comeza a tinguirse de lila con diferentes actos en prol da igualdade entre homes e mulleres. Mañá, xoves 1 de marzo, se celebrará unha palestra sobre ‘Luita de clases e feminismo’ no local social A Faísca. A charla correrá a cargo da politóloga e técnica de Igualdade, Cristina Rodríguez Ramos a partir das 20:30 horas. O venres 2 no mesmo lugar e a mesma hora, a humorista Carmen Conde Gaute presentará a súa obra ‘A virxe e malia puta’. Dous monólogos nos que encarnará a dúas mulleres bíblicas para amosar esta polaridade histórica que se ten na visión da muller.

O sábado a partir das 17:30 horas celebraranse na Cova dos ratos as xornadas Espazo vegafeminista. Un encontro que servirá para crear vínculos entre movementos sociais. Sara G. Fernández explicará os vínculos entre os antiespecismos e o feminismo e Lorena Pinehiro falará do machismo nos movementos sociais. Despois abrirase un debate sobre como facer que as organizacións funcionen de xeito igualitario. Tras estas xornadas para a reflexión, a festa está asegurada coa batukada ‘Nós mesmas’ que partirá ás 20:00 de Urzáiz á altura do número 130 e rematará no local social A Faísca cunha foliada a cargo de ‘As Maraghotas’, tamén haberá petiscos e pinchada feminista.

O día grande é o domingo. Ás 12:00 do mediodía está convocada unha gran manifestación a nivel galego na cidade olívica. Esta marcha unitaria, que ata o de agora sempre se celebrou en Santiago, encherá as rúas viguesas ao berro de ‘Igualdade’. A manifestación sairá de Via Norte e rematará na Praza do Berbés (ver percorrido completo aquí ). Tras a marcha, o ambiente festivo será o protagonista. Haberá recital de poesía no que Señora Dj acompañará a Nuria Vil, Lupita Hard, Xina Vega, Neves Soutelo, Elvira Ribero, Silvia Penas e Marta Dacosta. Tampouco faltará música, Isabel Risco encargarase de presentar os diferentes espectáculos que correrán a cargo de Su Garrido Pombo, As Ghatas Salvaxes e As Punkiereteiras.

(GMT+01:00) Local Social Faísca

(GMT+01:00) Local Social Faísca

(GMT+01:00) A Cova dos Ratos

(GMT+01:00)

(GMT+01:00)