REVISTA ABRIL

Vigo celebra a Rosalía

Numerosas asociacións, intitucións, empresas ou locais vigueses únense nun mesmo proxecto, celebrar o día de Rosalía de Castro. Neste día tan especial, conmemoramos a figura da escritora que deu tanto pola lingua galega con xornadas de teatro, contacontos, xogos ou concertos para todos os públicos.

REVISTA ABRIL

O vindeiro mércores 23 de febreiro Galicia celebra o 185 aniversario da autora máis recoñecida. Ninguén estará excluído á variedade de espectáculos, concertos, xogos ou contacontos que se organizarán na nosa cidade, farán que calquera persoa poida pasar este día tan especial da mellor maneira.

Para que non vos perdades nada, aquí vos deixamos a programación de actividades para estos días:

  • Mércores 23 de febreiro (17:00h): Celebrarase no C.S. A Revolta do Berbés un acto de conmemoración polo día de Rosalía de Castro. Organizado polo AC O Castro de Vigo xunto á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, contarase cunha ofrenda floral na Imprenta Juan Compañél e unha lectora do manifesto e poemas da escritora.
  • Mércores 23 de febreiro (21:00h): Concerto recital en homenaxe a Rosalía no Café de Catro a Catro. Estará protagonizado por Servando Barreiro co espectáculo ‘A Meniña Gaiteira’, baseado na vida e obra da escritora, cantaranse poemas entre paisaxes bibliográficas e declaracións sobre a súa condición de muller e escritora galega.
  • Xoves 24 de febreiro (19:00h): A Deputación de Pontevedra participará tamén nas homenaxes á autora. Na Sede da Deputación de Vigo actuará o cuarteto belga de pandeireteiras Ialma. Marta Dacosta lerá o manisfesto escrito por Beatriz Maceda ‘Pensarte libre’, agasallarase aos asistentes cun libro da Colección Medal.
  • Venres 25 de febreiro (17:00): Grazas á Asociación As da Industria, os máis pequenos poderán celebrar o día de Rosalía de Castro con xogos tradicionais. Na Praza da Industria comenzará a celebración cun obradoiro de regueifa con O Rabelo, seguido cunha ‘Procura do Tesouro’, todos os que participen contarán con comida e bebida para repoñer as forzas.
  • Sábado 26 de febreiro (12:00h): De novo, Servando Barreiro estará na Biblioteca Juan Compañel con ‘A musa dos pobos’. Un espectáculo adicado ao máis pequenos no que se combina a narración oral, poesía e cancións. Reserva xa a túa praza na biblioteca.

Ademais todos aqueles que vos queirades achegar a figura da escritora galega dunha forma amena especialmente pensada para a Xeración Z, tedes que visitar Es ti que cantas. unha Iniciativa de Rebordelos que proporciona diferentes formas para que o público se achegue á obra de Rosalía de Castro: audiolibros, pílulas audiovisuais, unha unidade didáctica e un concurso. Todas orientadas a que a nosa propia voz atope na súa un camiño de descubrimento porque “cando Rosalía escribe, todas e todos soamos na súa voz”.