CASAACUNHA

Veganismo e feminismo na Feira Vegana 2021

Os días 23 e 24 de outubro bota a andar a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia, Vegana 2021, no IFEVI vigués. Ana Gontad, Patricia Menéndez e Tamara Alonso son fundadoras da asociación organizadora deste evento pioneiro, e teñen unha mensaxe para todos nós: “participade e descubriredes que os veganos non só comemos leituga!”.

A falta de pouco máis dunha semana para a súa celebración e con case 6.000 entradas vendidas, a organización de Vegana 2021, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia, fai público o programa da súa primeira edición. Estas actividades divídense  entre as que están dirixidas ao público infantil e as enfocadas ao público adulto. Outro feito subliñable de Vegana 2021, algo pouco habitual neste tipo de macrofeira, é a gran cantidade de relatoras mulleres que participan: Mery Ocaña, Natalia Albino, Susana Soto, María Medina, Míriam Jiménez, Inés Trillo ou Jenny Rodríguez, por mencionar só a unhas poucas.

A programación infantil inclúe obradoiros de agroecoloxía, macetohortos, cociña fácil para público miúdo, contacontos e mesmo clases de Ioga. Todo iso da man da profesora e educadora ambiental Mery Ocaña; a cooperativa para fomentar a sostibilidade no territorio SomosTerra e as súas socias Raquel Diana; a Asociación por unha Educación Sostible, Vegana e Ecolóxica ESVECOSusana Soto, membro de Galgos 112 Galicia; a tenda de xoguetes de crianza respectuosa Patapum, fundada por Marta; e nelYoga.

Banner A Movidiña

Máis variada aínda é a programación dedicada ao público adulto, que abrangue charlasdebatesshowcookingssesións vermú e mesmo un bingo solidario. Nun cartel eminentemente feminino, as charlas serán impartidas por recoñecidas nutricionistas como Natalia AlbinoPatricia Ortega Sara Torra; a ultrarunner Aroa Sio, que falará sobre deporte e alimentación vexetal; biólogas como María Medina, que tratará o tema da experimentación animal; a profesora e educadora ambiental Mery Ocaña, que titula o seu relatorio co atractivo e certeiro título “A tenreira que botou un peido e provocou un incendio”; a fundadora —xunto á actriz Clara Lago— de Be Clever Be VeganLorena Izquierdo, quen impartirá unha charla sobre emprendemento; ou a socióloga e politóloga Míriam Jiménez, que explicará desde unha perspectiva sociolóxica a súa propia evolución de taurina a vegana. Como neste tipo de encontros non podían faltar os santuarios, eses espazos onde os denominados animais de consumo rescatados gozan dunha vida digna, contaremos coa presenza de dúas mulleres que conversarán co público sobre a súa experiencia: Inés Trillo, cofundadora do Santuario galego Vacaloura, e María Álvarez, fotógrafa de natureza, educadora e fundadora do proxecto Reserva Hijos del Bosque.

Ás 19 h. do sábado organizarase unha mesa redonda cuxo debate poñerá o foco en se existe ou non unha única forma de axudar aos animais, moderada por Verónica Larco, directora de comunicación de Proveg España, e estará composta por xente do talle de Jenny Rodríguez, creadora de contido; María Silva, activista e profesora; Lorena Izquierdo e Estela Nieto, cofundadora de Nutrición esencial. Como a alimentación é unha das mellores ferramentas, e ao alcance de todas as persoas, que temos para axudar a salvar o planeta e a mellorar a nosa saúde, non podían faltar os showcookings. Estas demostracións de cociña serán conducidas por recoñecidas e recoñecidos chefs e cociñeiros de cociña vegana, como Míriam FabàIván IglesiasGerson IglesiasJesús BasurtoIrene Pérez,Marta ToledoHeidy Zapata ou a portuguesa Maria Aragão, que poñerá a nota internacional ensinando a cociñar “petiscos veganos de Portugal”. Non faltará un showcooking especificamente dirixido ao sector hostaleiro titulado 5 ideas rápidas para triunfar con calquera vegan@. Calquera persoa que traballe no devandito eido e acuda en representación do seu local, poderá solicitar unha acreditación gratuíta entrando na web vegana.gal.

Por se isto fóra pouco (que non o é), haberá Food trucks, postos de comida repostería, casetas de alimentaciónbebidamodacalzadocosméticaartesanía todo tipo de servizos sostibles e veganos que completarán a feira. Aínda hai entradas á venda, que se poden adquirir a través da web. Os prezos son 3 € un día e 5 € para os dous días en venda anticipada; no propio recinto haberá tamén entradas á venda a 5€ para un día. As persoas maiores de 65 anos, os menores de 12, así como as persoas en situación de desemprego e en con diversidade funcional poderán acceder de forma gratuíta.