UVIGO
FILLOAS

Urbanizarte converterá aos rapaces en graffiteiros por un día

Non só con pinceis se fai arte. O proxecto Urbanizarte porá nas mans dos nenos os sprays para que dean renda solta a súa imaxinación nun formato que para moitos resultará novidoso, pero que cada vez está máis presente na cidade.

CAMELIAS NADAL

O sábado 16 e o domingo 17 de xuño terá lugar unha nova edición de Urbanizarte, o obradoiro que pretende achegar a arte urbana aos máis cativos. Dentro do programa municipal ‘Vigo, cidade de cor’, se desenvolve esta actividade gratuíta dirixida a rapaces entre 9 e 16 anos.
O obradoiro divídese en dúas partes. Na primeira os rapaces repasarán a historia do graffiti da man da artista Susana Teixiera, que tamén lles explicará que é o arte urbano e as diferenzas entre vandalismo e arte. Na segunda parte da actividade, os cativos faranse cos sprays e coa axuda do artista urbano RAS realizarán un gran graffiti conxunto. Ademais, cada un realizará unha obra individual que poderá levar para casa como recordo da experiencia.
As citas serán o sábado día 16 na Praza da Princesa e o domingo día 17 en Navia entre as 17:00 e as 19:00 horas. Aínda que a actividade é de balde, é preciso inscribirse chamando ao 986 20 49 48.
Cada vez son máis os recunchos da nosa cidade que cobraron vida grazas aos murais de arte urbano e que fan de Vigo un espazo moito máis agradable onde vivir e pasear. O programa ‘Vigo, cidade de cor’ ten como obxectivo achegar todas estas mostras de arte que se atopan nas rúas aos cidadáns, para que as valoren e coñezan a historia que se atopa tras elas.