REVISTA ABRIL

Uns deseñadores vigueses crean o mapa do Nadal

Os vigueses detrás da empresa de marketing Esmera aproveitan o tirón do Nadal vigués e crean un mapa no que aparecen reflectidos os principais puntos de interese a visitar e algúns dos eventos natalicios.

Agora podemos achegarnos dunha forma práctica e visual ao Nadal vigués grazas ao mapa deseñado polos vigueses de Esmera, marketing dixital. Eles mesmos explican porque se animaron a crealo: “Vendo de onde somos (Vigo) e tendo en conta a tremenda repercusión que tivo o alumeado de nadal da cidade nos últimos anos, non quixemos ser menos e acabamos de deseñar o Mapa do Nadal de Vigo 2019“.

O mapa recolle as principais atraccións ligadas ao Nadal impulsadas polo Concello así como algúns dos eventos que van ter lugar durante estas datas.