ASNEVES
REVISTA MAIO

Unha nova versión de ‘Somos Criminais’ chega ás nosas casas

Os cómicos Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están a preparar unha  experiencia única e inédita en Galicia: unha función exclusiva de Somos Criminais a través da web.

Somos Criminais trátase do espectáculo co maior número de entradas vendidas na historia do teatro galego e agora, neste momento no que o aforo dos teatros está tan limitado, estes dous galegos van máis aló e queren ofrecer aos seus seguidores unha alternativa novedosa. A cita será o sábado 6 de xuño, ás 22.30 horas.

Non se trata dun espectáculo xa gravado hai tempo, nin algo feito desde a casa. É unha produción asimilable ás que adoitan facer nos teatros, na que traballan tanto os técnicos como os actores. Tratarase dunha emisión exclusiva en streaming, cun aforo de 5000 accesos que se poden mercar do mesmo xeito ao que estamos acostumados cando ímos ao teatro físico, a través de Ataquilla.com (Preme neste enlace para mercar a túa entrada). O seu prezo é de 5 euros e con ese pase recibiremos un correo electrónico coas chaves para poder acceder á emisión en somoscriminais.gal.  

O día da función, haberá que acceder á web de xeito puntual, de non ser así colleremos a función comezada, como se dun espectáculo no teatro se tratara. Unha alternativa fabulosa para gozar das artes escénicas aínda que sexa desde as nosas casas.