CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Un almanaque para celebrar Vigo durante todo o 2020

A marca viguesa Ultramarinos Deseño Galego, especializada no deseño de souvenirs orixinais de Galicia e ilustracións das principais cidades da comunidade, acaba de sacar á venda un calendario especial, e de edición limitada, para celebrar Vigo durante todo 2020. 

A través de 12 ilustracións diferentes, e co estilo gráfico xa recoñecido de Ultramarinos Deseño Ga- lego, o calendario propón un percorrido polos recunchos e iconas máis senlleiras da cidade. Xaneiro está dedicado ao Casco Vello, mentres que febreiro propón un paseo por Castrelos. En marzo subi- mos ata o Monte da Guía, e en abril quedamos no Farol de Urzáiz. En maio deixámosnos sorprender pola escultura dos Cabalos e os meses de verán están dedicados ao Museo do Mar de Galicia; o faro das Illas Cíes e o monte do Castro. O Sereo protagoniza setembro e en outubro imos de cervexas á alameda de Bouzas. Os dous últimos meses do calendario Ultramarinos están dedicados á Panifica- dora e ao barrio das Travesas, onde moitos vigueses dan a benvida o Aninovo. O calendario ten unhas dimensións de 29,7 x 42 centímetros (A3) e inclúe, ademais, un planificador anual. 

Este é o segundo ano que Ultramarinos Deseño Galego lanza este calendario de edición limitada. O almanaque xa está á venda nos puntos de venda habituais e por primeira vez na nova tenda online da marca, co obxectivo de de chegar aos vigueses que viven fóra da cidade. En 2018 o calendario de Ultramarinos foi un dos agasallos estrela do Nadal vigués, esgotando as unidades ás poucas semanas da súa edición.