REVISTA ABRIL

Tres meses de actividades e concertos no Festival Nas Ondas

O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VI Festival da Música e das Artes Nas Ondasque se desenvolverá entre o 3 de marzo e o 1 de xuño de 2021. A pesar dos condicionantes que a pandemia causada pola COVID-19 nos impón, Nas Ondas ofrece nesta edición unha programación igual de variada e interesante que en anos anteriores.

REVISTA ABRIL
Orquestra Barroca do CSMV

NAS ONDAS 2021 posúe un total de 37 eventos, gratuítos e abertos a todo o público en xeral.  A maioría son concertos, pero tamén conta con destacados relatorios e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De Piano, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.

Ao longo dos meses nos que se desenvolve o Festival, as formacións académicas do CSMV, alumnnado e profesorado formarán parte dun programa de actos e concertos nos que tamén contaremos coa presenza de destacados músicos convidados, como é o caso do clavecinista Alejandro Casal, o percusionista Noè Rodrigo ou os compositores Salvador Brotons e Juan Durán. Nas Ondas 2021 pon de manifesto o dinamismo do CSMV, o seu interese e compromiso coa cultura en tempos de pandemia e, sobre todo, a vontade de ofertar á sociedade que o rodea unha programación musical de calidade que amose a excelencia do traballo desenvolto pola súa comunidade educativa.

A continuación a programación completa: