REVISTA ABRIL

Tom Jones, do Nova Olimpia a Castrelos 44 anos despois

O famoso intérprete de Sex Bomb e Delilah será o terceiro artista en subirse ao escenario de Castrelos este verán, dentro da súa xira ‘Mr. Jones’. A última vez que Tom Jones visitou a cidade foi en 1975, cando actuou na sala Nova Olimpia.

Thomas John Woodward , coñecido mundialmente como Tom Jones, chega a Castrelos entre gran expectación. O artista galés de 79 anos esgotou as entradas do auditorio ao aire libre en algo máis de dous horas constantando que son miles os que ansían corear os éxitos do cantante de intensa mirada azul, intérprete de himnos de varias xeracións.

Jones comezou a súa carreira á fronte do grupo galés Tommy Scott & The Senators, ao tempo que se empregou noutro oficios, como operario dunha fábrica de luvas ou vendedor de aspiradoras. Non foi ata a década dos 60, cando se mudou a Londres, que comezou a súa popularidade. En 1965, publicou o seu traballo debut en solitario, ‘Along came Jones’ que contiña un dos seus grandes éxitos, ‘It’s not unusual’, puxo voz ao tema principal de James Bond e gañou un Grammy a ‘Mellor artista novo’.

REVISTA ABRIL

As súas cancións comezaron a ser habituais das pistas de baile e foi apodado “O tigre de Gales” pola mestura de excentricidade e sensualidade que desprenden as súas baladas. Nestes 55 anos de carreira, editáronse máis de 60 discos seus, contando recopilatorios e directos, e foi nomeado Cabaleiro da coroa británica pola súa contribución á difusión artística do país.

Ademais de cantante, Tom Jones protagonizou númerosos momentos na pequena e gran pantalla. O máis recente e o seu papel de xurado no concurso The Voice UK, butaca que ocupou durante catro anos. Máis curiosas son as súas aparicións en películas como Mars Attack, a hilarante aventura interestelar dirixida por Tim Burton en 1996, e series como El Príncipe de BEl-Air, en ambos casos facendo de si mesmo. Tamén foi retratado nun capítulo de The Simpsons. Tamén interpretou a banda sonora da película ‘What’s new, Pussycat?’ (1969), ou debut de Woody Allen como guionista e actor de Hollywood.

Pese a súa avanzada idade, Tom Jones continúa sendo asiduo dos escenarios de Las Vegas e os seus concertos manteñen o ímpetu das décadas pasadas. Nos anteriores concertos da xira ‘Mr.Jones’, encheu o escenario cunha copiosa banda de dez músicos e catro coristas e intercalou temas do seu último disco Long Lost Suitcase (2014), editado xunto á súa biografía, con cancións que nos transportan ao R&B dos anos 60.

(GMT+01:00) Parque Castrelos