VIALIA
bannerPicnicSesions

Toda as rutas do NadalBus

Un ano máis volve o bus turístico bautizado como NadalBus para percorrer as luces das rúas de Vigo. Este ano, como novidade, para poder viaxar haberá que realizar a reserva online, haberá cinco rutas diferentes e funcionará durante todas as Festas de Nadal.

Os vigueses e visitantes que se acheguen a Vigo durante as festas de Nadal poderán gozar un ano máis da iluminación a bordo do NadalBus: tres autobuses turísticos que Vitrasa rotulou para a ocasión.

Este servizo dará comezo o domingo 24 de novembro ás 18.30 horas e realizará viaxes todos os días ás 18.30, 18.50, 19.30, 19.50, 20.30 e 20.50 horas e durante as fins de semanas estas viaxes prolongaranse con saídas ás 21.30 e as 22.30 horas. Sendo o 11 de xaneiro o último día do servizo.

Como novidade deste ano e para evitar colas, os interesados en viaxar no NadalBus poderán facer a reserva a través da páxina web de Vitrasa dunha forma moi sinxela: indicando día, hora e ruta. Poderá pagarse coa tarxeta PassVigo, introducindo o número de tarxeta na aplicación online, cos descontos respectivos de cada usuario.

Para aqueles que non dispoñan da PassVigo, os domingos, luns, martes, mércores, xoves e festivos o coste da viaxe será de 5 euros e os venres, sábados e vésperas de festivos, será de 7 euros. Os nenos ata os 3 anos incluídos viaxarán de balde.

O Cometa tamén formará parte deste servizo e estará instalado no centro realizando a función de desacho de billetes para facer in situ a reserva do día en curso.

AS RUTAS

Duración: entre 40 minutos e 1 hora de duración aproximadamente.
Lugar: comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes)

RUTA CENTRO
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América (Vuelta a la Plaza) – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BALAÍDOS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Florida – Manuel Castro – Estadio Balaídos – Avd. Balaídos – Avd. Castrelos – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

REVISTA ABRIL

RUTA CALVARIO
Policarpo Sanz – Urzáiz – Gran Vía – Plaza España – Pizarro – Urzáiz – Gregorio Espino – Jenaro de la Fuente – Rotonda Calle Aragón – Jenaro de la Fuente – Llorones – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TEIS – CALVARIO
Policarpo Sanz – García Barbón – SanJurjo Badía – Travesía de Vigo – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón
– Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BOUZAS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Avd. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga
– Tomás Alonso – Paulino Freire – Bouzas – Beiramar – Coruña – Plaza Eugenio Fadrique – Torrecedeira –
R. Gaiteiro – Berbés – Cánovas del Castillo – García Olloqui – Reconquista – Policarpo Sanz