VIALIA
bannerPicnicSesions

Teatro Ensalle estrea esta semana a última obra de Pisando Ovos

A compañía Pisando Ovos estrea esta semana Directo 9, un espectáculo de danza contemporánea que aposta pola música en directo e que poderemos ver repartida en catro funcións no Teatro Ensalle. 

Pisando Ovos estrea o seu noveno espectáculo, en coprodución con Agadic, os días 3, 4, 5 e 6 de outubro no Teatro Ensalle, sendo os primeiros dous días ás 21:00 e os outros dous ás 22:00. Unha semana chea de danza na que gozar con Directo 9, a nova actuación da compañía residente desta mítica sala.

Nesta ocasión, a directora desta compañía teatral fundada no 2004, Rut Balbís, decide non estar sobre o escenario, e conta con tres bailaríns de primeiro nivel para representar a obra: Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva. A música en directo correrá a cargo do DJ Jas Processor, como xa fixera anteriormente en Give it a spin (2015).

Os protagonistas deste Directo 9 serán os corpos, que conversarán entre eles a través da danza, da música e da posta en escena. O obxectivo é levar os corpos ao encontro cos límites físicos, co desgaste o cansancio extremo. Todos eles pasarán por distintas fases ao longo da obra, desde o éxtase máis absoluto ata a fraxilidade máis poética.

REVISTA ABRIL

Para a creadora a estrea deste espectáculo forma parte da triloxía composta por Que volvan as flores (2014), Give it a spin (2015) e Directo 9 (2018), xirando arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

Xa podes reservar as entradas para calquera dos días na web do teatro, que terán un custo de 9€. Existen descontos para xubilados e universitarios. O pago realizarase na propia sala o día da actuación.

PROMO ESTREA DIRECTO 9 | PISANDO OVOS from Manu Lago on Vimeo.

(GMT+01:00)


(GMT+01:00)


(GMT+01:00)


(GMT+01:00)