CAMELIAS MASCOTAS

Sorteo: Novela negra viguesa

No mes de novembro, dedicamos a nosa revista en papel ao xénero negro made in Vigo cunha reportaxe na que repasabamos as novelas, cómics, series e películas de intriga que se desenvolven nas rúas da nosa cidade. Desafortunadamente, nese mesmo número cometemos un ERRO CRIMINAL que ten que ver coa ortografía e que só se atopa na versión física.

Para compesar este descoido cos nosos lectores, decidimos poñer en marcha un sorteo xunto ás editorias Xerais, Galaxia e Bolanda. Elas cedéronnos algúns dos títulos dos que falamos no artigo “As rúas de color negra” para que poidamos sortealos entre todas aquelas persoas que atopen o erro.

Como participar no sorteo?
Atopa o erro criminal do noso número de novembro e envía a resposta a través de Whatsapp (644 37 29 23). Podes mandar a túa resposta ata ás 23.59 h. do domingo 22 de novembro. Anunciaremos os dous gañadores o luns 23 de novembro.

Podes aproveitar para darte de alta no noso servizo de Whatsapp. Aquí tes toda a info.

Lembrade que tedes que buscalo nos exemplares impresos, pois xa está corrixido na versión en PDF.

REVISTA NOVEMBRO

Cal é o premio?
Sorteamos dous lotes de novelas negras viguesas. Cada un dos lotes contén seis libros:

LOTE 1

– “A vinganza dos homes bos”, de Manuel Esteban
– “O último barco”, de Domingo Villar
– “Cabalos e lobos”, de Fran P. Lorenzo
– “Vicus, un lugar do común”, de Beto Luaces
– “In vino veritas”, de Francisco Castro
– “Infamia”, de Ledicia Costas

LOTE 2

– “Vicus, un lugar do común”, de Beto Luaces
– “Un lume azul”, de Pedro Feijoo
-“A praia dos afogados”, de Domingo Villar
-“Beleza vermella”, de Arantza Portabales
– “Sete caveiras”, de Elena Gallego Abad
– “O corazón da branca Neve”, de Francisco Castro