REVISTA ABRIL

Sorteamos unha entrada dobre para ver a Miguel Lago

O humorista Miguel Lago despide o seu espectáculo na súa cidade natal e queremos que celebralo con todos vós. A cita será no Teatro Afundación, o 18 de outubro ás 21.00.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Instagramdarlle gústame na publicación sobre este sorteo e comentar etiquetando ao amigo/a que levarás de acompañante. Coma sempre, todos os subscritores da revista entran a participar automaticamente neste sorteo. Se tí aínda non es #AMOVIDALOVER e non gozas de todas as vantaxes que isto supón preme aquí.

SOBRE MIGUEL LAGO

Miguel Lago volveuno a facer. Despois de varias tempadas de éxito con Soy un miserable, o cómico vigués leva meses de xira cun espectáculo completamente novo e inédito en televisión.

Tras as súas soadas e aplaudidas aparicións en El club de la comedia ou Late motiv de Buenafuente, creou un show que foi concibido como unha catarse, unha explosión de sinceridade co seu particular e sarcástica maneira de ver o mundo; Miguel preséntase disposto a “poñer orde dunha maldita vez” ante o caos que lle rodea.

Se xa che pareceu un “fillo puta” no seu momento, prepárache, porque o propio artista asegura “se non me denuncian por este monólogo eu xa non se que máis facer”.

Está será a última oportunidade para velo en Vigo con este espectáculo.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Instagram de @amovidavigo
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • Etiquetar ao amigo/a que levarás de acompañante
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata hoxe, 8 de outubro ás 12 da noite. Mañá 9 coñeceremos o nome da persoa premiada.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de Instagram, ou número de teléfono (no caso de ser subscritor); se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéase unha entrada dobre para o derradeiro show de Miguel Lago Pone Orden en Vigo, que será o 18 de outubro ás 21:00 no Teatro Afundación.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.