REVISTA ABRIL

Sorteamos entradas para ver a Los Deltonos e The Bo Derek’s na Iguana

O vindeiro 31 de Xaneiro a Iguana Club vivirá unha das grandes noites do Rock&Roll deste 2020 a cargo dos Los Deltonos e The Bo Derek’s. Como non queremos que ninguén perda esta velada, imos sortear dúas entradas dobles.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en FacebookInstagram, darlle gústame na publicación sobre este sorteo e etiquetar ao amig@ que levarás de acompañante.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é o día de hoxe, 29 de xaneiro, ata ás 12 da noite. Mañá, xoves 30 de xaneiro coñeceremos o nome das persoas premiadas.

SOBRE O EVENTO

Falar de Los Deltonos é facelo dunha das bandas mais lonxevas do panorama nacional,  formados en 1986 publicaron o seu primer álbum “Tres Hombres Enfermos” en 1990 e xusto cando se cumplen 3 décadas dese acontecemento a banda cántabra visitará Vigo para deleitarnos con toda esa clase e pasión que sinten pola música. Presentarán entre outras, as cancións do seu último álbum “Fuego” 2019, un disco aparece sempre entre  moitas listas anuais onde se ensalzan os mellores discos do ano.

Hendrik Röver é un dos maiores exponentes do rock deste país, dende o seu estudio de grabación “GuitarTown” colabora e produce gran parte da mellor música creada na última década,  bandas como The Soul Jacket, Kleejoss Band, Bo Dereks, The Four Breakers… xa pasaron polas suas mans. Será todo un privilexio ter nunha sala emblema do rock como La Iguana Club a unha das bandas máis representativas do rock nacional!

The Bo Derek’s serán os encargados de abrir esta noite de rock e festa. A banda liderada por Oscar Avendaño (Siniestro Total,…) son un verdadeiro torbellino sobre o escenario e demostrarán porque o seu directo é un dos mellores que podes disfrutar hoxe en día. Estarán presentando as cancións do seu álbum “10” , un disco co cal rinden tributo a rock&roll mais eléctrico e bailable.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook ou Instagram de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata ás 12 da noite do día de hoxe (29 de xaneiro).
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador/a das dúas entradas será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el/ela mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entradas dobres para ver a Los Deltonos e The Bo Derek’s na Iguana Club o venres 31 de xaneiro.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.