REVISTA ABRIL

Sorteamos entradas para ver a Castella e Grison (La Resistencia)

En A Movida cremos co humor é fundamental para o día a día e por iso vamos premiar aos nosos seguidores con tres entradas para ver o show de Ricardo Castella e Grisson este venres, no Cine Teatro Salesianos, a partir das 9 da noite.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook ou Instagram e estar ben atento a estas redes sociais durante o xoves 14 de novembro. Durante o día iremos publicando as fórmulas para participar no sorteo.

Coma sempre, os subscritores da revista teñen vantaxe e entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

SOBRE O EVENTO

Dous dos membros máis destacados de LA RESISTENCIA, o seu director Ricardo Castella e o músico Grison Beatbox, visítannos e únense por primeira vez nun escenario, fóra do programa de #cero de Movistar + neste espectáculo único , que mesturará a mellor comedia e a mellor música.

Ricardo Castella é director de La Resistencia , Locomundo , cómico abanderado de Paramount Comedy e Comedy Central.

Grison Beatbox, campión do mundo de Beatbox e colaborador en programas como El Hormiguero e membro destacado na banda de La Resistencia.

Neste show veredes humor de alto nivel de man dun gran coñecido como Castella, un dos míticos da comedia española e dun auténtico fenómeno como é Grison. Unha noite perfecta para gozar dunha hora e media de risas.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook ou Instagram de @amovidavigo
  • Cumprir coas indicacións que se publicarán nestas redes sociais o xoves 14 de novembro ao longo do día.
  • O prazo para participar no concurso é ese mesmo día, ata ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Poñerémonos en contacto con el/ela mediante o medio co que participe; se nun prazo de 12 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse tres entradas dobres para ver o show ‘Por fin juntos’ de Castella e Grison no Teatro Salesianos o 15 de novembro.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook ou Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.