VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos cinco entradas para o Galiexpo Motor Show

Esta fin de semana, os días 7, 8 e 9 de febreiro, volve ao IFEVI o Galiexpo Motor Show, o único evento onde poderás gozar coa mostra de innumerables coches de todo tipo, probas de drift, automodelismo, scalextric e moitas máis actividades. Como sabemos que hai moito amante do motor por aqui, ímos sortear ata cinco entradas.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en FacebookInstagram, darlle gústame e etiquetar a un amigo/a na publicación sobre este sorteo. Se es rápido levarás a entrada directamente xa que dúas irán para as dúas primeiras personas que comente en Facebook e outras dúas para os dous primeiros comentarios de Instagram. A quinta entrada sortearémola entre os demáis comentarios participantes.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é o día de hoxe, 6 de febreiro, ata ás 12 da noite. Mañá, venres 7 de febreiro coñeceremos o nome das persoas premiadas.

SOBRE O EVENTO

Xa ruxen os motores no IFEVI, xa que esta fin de semana celebrarase alí o XIV Galiexpo Motor Show, o único evento do motor con feira e probas que sobrevive no Estado, despois da caída dalgúns en cidades tan importantes como Madrid, Barcelona ou Zaragoza. Este ano, coa incorporación dalgunhas novidades, agardan superar os 20.000 visitantes rexistrados na pasa edición.

Este evento busca atraer a xente de todas as idades e lugares de Galicia, polo que este ano ampliaron a oferta con Galiexpo All Sport, un salón paralelo dedicado ao mundo do deporte a saúde e o benestar. Ademais da zona de exposición, conta con diferentes zonas temáticas para espectáculos, actividades, concursos, actuacións shows musicais, etc. Esta nova iniciativa centrarase especialmente nos deportes urbanos como podn ser o west coast training, skate ou o BMX.

Podes consultar toda programación e actividades neste enlace.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook ou Instagram de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook ou Instagram de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Etiquetar a algún amigo/a nun comentario.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata ás 12 da noite do día de hoxe (5 de febreiro).
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Dúas entradas irán directamente para os dous primeiros comentarios de Facebook e outras dúas para os primeiros de Instagram. O gañador/a da quinta entrada será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con todos eles/elas mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse cindo entradas ao recinto ferial para gozar do Galiexpo Motor Shoe do venres 7 ao 9 de febreiro. Na entrada NON se inclúe o pase aos espectáculos de Drift.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.