VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos catro entradas para o Barbeira SeaSon Fest

A tempada festivaleira aínda non rematou e non queremos que baixes o ritmo. Por elo vamos sortear entradas para o Barbeira SeaSon Fest, un festival que albergará música e gastronomía o 21 de setembro na praia da Barbeira (Baiona). 

En total sortearanse catro entradas individuais durante varios días e por diferentes vías. Coma sempre, todos os #AMOVIDALOVERS ou subscritores da revista, participan de maneira automática. Se aínda non o es infórmate neste link. Pero tamén podes participar a través de Instagram ou Facebook e atentos xa que faremos un sorteo distinto para cada unha das entradas.

SOBRE O BARBEIRA SEASON FEST

O Barbeira SeaSon Fest é un festival que se encontra dentro de ‘O teu Xacobeo’, un programa promovido pola Xunta de Galicia con motivo do Ano Xacobeo 2021. Ademais das actuacións de La Habitación Roja e Cariño, tamén poderemos gozar dun dos nomes máis recoñocidos no panorama actual do trapCecilio G xunto a Los Punsets e La Bienquerida. O cartel complétase coas actuacións de Boyanka KostovaAxolotes Mexicanos e os galegos Zeltia Irevir e Thomas Dylan & Balea.

Ademais de ser un festival cultural, tamén é un festival de orixinalidade xa que a promotora do evento, Elemental Street, quiso arriscar e innovar coa planificación dos horarios. Polo que as mareas serán as que marquen as franxas horarias dos concertos e das actividades culturais que se realizarán. O contido destas últimas iranse coñecendo nos primeiros días do mes de setembro co motivo da presentación do festival.

As entradas xa están á venta en Ataquilla e Wegow e o prezo é de 16€. Aínda que se poderán mercar o propio día do festival en persoa, a organización recomenda collela de forma anticipada xa que o aforo é limitado.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser subscritor da revista. Se non o eres preme neste link.
    Ou
  • Ser seguidor de @amovidavigo en Instagram ou Facebook.
  • Etiquetar a un amigo/a para que te acompañe ao festival.
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • Os prazos para participar serán os seguintes:
    • A primeira entrada sortearase do martes 20 ata o xoves 22 ás 12 da noite.
    • A segunda, do venres 23 ao domingo 25 ás 12 da noite.
    • A terceira, do martes 27 ao xoves 29 ás 12 da noite.
    • E a cuarta e última, do venres 30 ao domingo 1 de setembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Anunciarase ao día seguinte do peche do sorteo a través do medio no que participou. Poñerémonos en contacto con el e se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Catro entradas invididuais para o Barbeira SeaSon Fest de Baiona.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

  • Facebook e Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.