COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Soraya e Ketama porán música ao Entroido vigués

O rexedor vigués, Abel Caballero, acaba de anunciar que Soraya e Ketama serán os encargados de poñer música as festas do Entroido que van ter lugar entre o 21 e o 26 de febreiro, coa novidade de que este ano o martes 25 é festivo local.

A ex-triunfita Soraya e o grupo flamenco Ketama van a poñer música ao Entroido vigués. Os concertos serán gratuítos e en principio van ter lugar na Porta do Sol como cada ano. En caso de que as obras non permitan que se celebren no quilómetro cero da cidade, o alcalde asegurou que serán nun punto moi próximo ao Sereo.

A primeira en actuar será Soraya que dará o seu concerto o venres 21 de febreiro ás 20.30 horas. A ex-concursante de Operación Triunfo, representou a España no festival de Eurovisión de 2009 co tema ‘La noche es para mi’ e neste concerto fará un repaso a toda a súa discografía.

SONRIAS

Ao día seguinte, sábado 22, Ketama chega a Vigo co seu ‘No estamos locos Tour’. O regreso aos escenarios de  Antonio, Juan e Josemi Carmona foi vivido con gran expectación e está a ser todo un éxito polos escenarios de toda España. Ademais, o seu regreso estivo acompañado do lanzamento da reedición de ‘De Akí a Ketama’, o xa clásico disco gravado en directo, que foi masterizado nos prestixiosos estudos de Abbey Road para a ocasión, e que inclúe catro temas inéditos e as colaboracións de excepción de Jorge Drexler e Pablo Alborán