VIALIA
bannerPicnicSesions

Sete obras temporais completan a colección da Fundación Laxeiro

A exposición permanente da Fundación Laxeiro crece coa incorporación de sete obras do artista de Carballiño, procedentes de coleccións privadas. Estes cadros cedidos, poden visitarse ata o 23 de xullo na sede da fundación en Policarpo Sanz. (Texto e fotos: Iria Barciela)

Xosé Otero Abeledo, alcumado como Laxeiro, é un dos nosos artistas máis destacados do século XX. Mesturando modernidade e tradición compuxo cadros con temática de escenas carnavalescas, maternidades, escenas campesiñas, mitos e lendas da terra. Un dos proxectos máis destacables foi a creación do grupo dos Renovadores xunto a outros artistas destacables como Luis Seoane ou Manuel Colmeiro. Laxeiro pasou a súa última etapa en Vigo, onde máis tarde se creou unha fundación co seu nome.

A Fundación Laxeiro conta cunha exposición permanente de 65 obras do artista que se poden visitar calquera día do ano, sendo unha excelente oportunidade para acercarse á historia do pintor galego. Nado en Lalín, decidiu pasar parte da súa vida en Vigo, polo que quixo agasallar á cidade con algunhas pezas do seu legado. A cada pouco, a colección do artista foi incorporando novos cadros de particulares que enriqueceron a exposición. Agora esas obras conforman unha senda pola súa vida, un percorrido que se atopa dentro do edificio da súa Fundación e que permite achegar a súa arte a todos os cidadáns.

REVISTA ABRIL

Desde a Fundación buscan a oportunidade de poder ampliar a exposición para que os cadros da colección permanente podan dialogar con pezas temporais. Nesta ocasión son sete as obras que forman a nova exposición temporal, todas cedidas por propietarios particulares que decidiron colaborar neste proxecto durante uns meses. Este material non foi fácil de conseguir nun principio, xa que algunhas das pezas levaban na casa dos seus donos arredor de 20 ou 30 anos, pero o esforzo e a insistencia por que formasen parte da exposición tiñan razón de ser, pois algunhas delas nunca foran vistas en museos. Ademáis, esta decisión realizase baixo a premisa de que a cultura crece cando a arte se comparte e todos podemos gozar dela.

Estas obras temporais pertencen a unha etapa da vida de Laxeiro que vai desde os anos 60 ata os 80 aproximadamente, momento no que o artista vive un estilo máis experimental. Tamaños e estilos diferentes as conforman, todas elas sinaladas cunha etiqueta vermella sobre a placa do seu nome. Estas sete incorporacións están dispoñibles só ata o 23 de xullo pero a intención é que a colección siga en movemento, engadindo novos cadros temporais e permanentes que a enriquezan.

CONSULTA A AXENDA DE EVENTOS MÁIS COMPLETA DE VIGO