CAMELIAS MASCOTAS

#SesiónsAM 08: Nítido

Nítido nace arredor do 2016 como proxecto persoal do vigués Adrián Callejo. Tras lanzar o EP acústico Vetas, producido por Eladio Santos, Víctor Rivas anima a Callejo a buscar unha banda coa que acompañar ás súas cancións. Tras sacar un dobre single en abril do ano pasado, suma á formación a Denis Carballás na guitarra, Nicolás Gómez ao baixo e ao xa mencionado Víctor á batería.

Falamos con eles no seu local de ensaio caseiro antes do seu concerto na Kominsky deste sábado 27 de abril, no que actuarán coa banda indie Birds & Cables.