CAMELIAS MASCOTAS

O San Roque máis rockeiro no chiringuito O Pirata

Durante os días 15 e 16 de agosto, aproveitando os dous festivos, o chiringuito O Pirata organiza o San Rock, un festival de música e danza no que ademais haberá sorteos. Aínda que é de balde, poderás mercar unhas rifas cuxa recaudación irá integramente ao Banco de Alimentos. 

REVISTA NOVEMBRO

No chiriguito O Pirata non queren que te aburras esta ponte, e por iso programan unha serie de concertos e espectáculos de danza baixo o nome de San Rock. A festa comezará o mércores 15 ás 17:00 co concerto de Chamaquito Pistolas. Tras el virán Los Lombardi sobre as 19:30, cos seus temas de rock indie surfeiro. Para rematar a xornada estarán The Bo Derek’s, grupo de versión de rock n roll formado por Óscar Avendaño, Jorge Lorre e Rufus el Guarro.

Ao día seguinte abrirá Vuelta y Media, interpretando en formato acústicos os eus temas de rock alternativo e indie. Despois será o turno de Corpo e Cambio, agrupación de teatro danza composta por Noa Covelo e Raquel Ferradás. Ás 20:00 chegarán The Soul Breakers co seu potente directo e para poñer punto final ao San Rock, Pegas Negras interpretarán os seus temas de rock n roll e western.

A maiores destes espectáculos, o festival contará cunha vertente solidaria. A pesar de que todas as actuacións sexan de valde, a organización oferta unha serie de rifas a 1€, cuxa recaudación irá destinada ao Banco de Alimentos de Vigo. Tamén se recomenda traer alimentos como potitos, leite, galletas, latas de conservas, pasta, aceite, cacao ou arroz. Entre os que merquen as rifas sortearanse regalos e packs doados por algunhas bandas, marcas e asociacións locais como Aphonnic, You Dog!, Unidance, Camicalavera, Cherokee, Zona Zero, Broken Peach, Lumeira ou Supernatural.

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata

(GMT+01:00) Chiringuito O Pirata