San Brais, Iván Ferreiro, Café Quijano e Batalla Swing esta fin de semana en Vigo
A música protagoniza a oferta cultural desta fin de semana, na que tamén poderemos desfrutar do teatro e o humor. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana, entra na axenda de A Movida.
FESTAS DE SAN BRAIS – Venres e sábado todo o día en Bembrive
Bembrive celebra unha semana máis de música e gastronomía nos seus furanchos. Ademáis da música espontánea a comisión ten programas as seguintes actuacións: o venres charanga cos Pataghulhos; o sábado Festicultores e Abobriga.
CONCERTO DE CAFÉ QUIJANO – Venres ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 38,00 €
O grupo español Café Quijano fará vibrar ao público vigués coa súa xira “Miami 1990”. Os irmáns Quijano prometen unha viaxe nostálxica aos seus inicios musicais, marcado polos sons da Florida dos anos 90.
MONÓLOGO DE JJ VAQUERO – Sábado ás 18:30 h no Auditorio Municipal – Desde 17,00 €
Espectáculo de humor do coñecido cómico e guionista.
TEATRO NON PASARÁN -Venres e sábado ás 20:00 h na Sala Ártika – 13,00 €
A obra de teatro Non pasarán é unha resposta á crecente ameaza das ideoloxías autoritarias. A través dunha mestura de comedia e drama, a obra busca espertar a conciencia do público e fomentar a resistencia #ante o rexurdimento de ideas extremistas. A obra convida a reflexionar sobre o pasado e o presente, e a tomar unha postura activa fronte aos desafíos políticos actuais.
CONCERTO DE SANTI ARAÚJO – Sábado ás 21:00 h en Radar Estudios – Desde 16,50 €
Canciones para bailar é o último disco de Santi Araújo viu a luz o pasado 2024 e con el leva o baile ás salas. Esta fin de semana presenta o novo traballo por primeira vez en Vigo.
CONCERTO DE IVÁN FERREIRO – Sábado ás 21:15 h no Teatro García Barbón – Desde 22,00 €
O sábado, 25 de xaneiro, o músico do Val Miñor subirá ás táboas do Teatro García Barbón despois de xirar por toda España para interpretar en directo en Vigo o último disco de Iván Ferreiro Trinchera pop.
CONCERTO DE LOS PUNSETES – Sábado ás 22:00 h na Sala Rouge – Desde 19,80 €
Los Punsetes farán parada en Galicia en xaneiro do 2025 con motivo da celebración da súa xira 20º Aniversario: ‘Que le den por culo a tus amigos’. O quinteto madrileño, sempre presumiu dunha base rítmica contundente e demoledora e letras ácidas.
‘EL LAGO DE LOS CISNES’ – Sábado ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 34,00 €
Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta produción do Tchaikovsky National Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.
BATALLA DE DJ DE SWING ON – Sábado ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – Desde 5,00 €
Catro DJs bateranse en duelo para ser e mellor DJ de swing do 2025. Ven bailar ata morrer con estes catro guerreiros musicais do swing, e ao final da festa fai todo o ruído do mundo para escoller á persoa gañadora.
FESTIVAL ALUMÉAME – Domingo ás 17:00 h na Sala Rebullón – 1 kg de comida non perecedoira
Xornada solidaria organizada por Mos Axuda coa intención de racadar comida. No festival actúan as bandas e artistas Argonat Band, Escolas Tangaraño, Cantaruxas, Pandereitas Nosa Terra, Mago Marco, Grupo de Baile Ondiñas do Mendo – Leirado, Cé Orquestra Pantasma, Grupo de Gaitas Infantil Nosa Terra, Avelurio e Noemí.