REVISTA NADAL

San Brais, Alcalá Norte, Madeleine Peyroux e Faemino y Cansado esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana temos festas populares en Bembrive e Castrelos, a presentación de Vigocultura, maxia, teatro, comedia e varios concertos do máis interesantes. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo entra na axenda de A Movida.

Alcalá Norte | Cedida

SAN BRAIS – De venres a luns en Bembrive – De balde

Continúa a festa de San Brais unha fin de semana máis en Bembrive. De feito, estes días son considerados como os máis movidos, pois o luns 3 é o proio día de San Brais. Se a climatoloxía dá unha pequena tregua veremos todos os furanchos da zona ata arriba de xente e coa música popular soando de fondo. Sa te achegas á zona, non esquezas deixar a túa sinatura no centro social Helios para deter o vial da A52 que pretende romper a parroquia.

PRESENTACIÓN VIGOCULTURA – Venres e sábado no paseo de Alfonso XII e rúa do Príncipe – De balde

O programa Vigocultura volve durante os meses de inverno e primavera con 27 espectáculos de diferentes xéneros e para público adulto e infantil. Comeza o 31 de xaneiro co espectáculo de rúa Hexagonum, da compañía Troula, que terá lugar desde as oito da tarde entre o Paseo de Alfonso e a rúa Príncipe. Acto seguido, o sábado 1 de febreiro, a partir das sete da tarde, a compañía Pista Catro despregará O fantástico circo dos xigantes do Doctor Mezzo, coa que invadirá a rúa do Príncipe ata Porta do Sol.

TALLER SENSORIAL – Sábado ás 11:30 e 12:30 en Libros para soñar – De balde

Taller sensorial para bebés de un a dous anos organizado por Kids&Us na librería infantil Libros para Soñar. É preciso reservar enviando un mail ao local.

CORPO A CORPO- Sábado ás 20:00 na Artística – Caixa inversa

Presentación de dous proxectos que exploran a identidade desde dous territorios: o corpo humano e a natureza: Purple Place e Os curros da Groba.

TEATRO NON PASARÁN – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 13,00 €

O sábado 25, o domingo 26 de xaneiro e o sábado 1 e o domingo 2 de febreiro a sala Ártika, ás 20:00 h, explora Non pasarán, unha audaz resposta teatral ao renacemento das ideoloxías autoritarias. Unha mestura de comedia cruel e drama absurdo que desafía as percepcións e acende a resistencia e a reflexión.

Non pasarán | Vanessa Rábade

MAXIA CON IAGO SAAVEDRA – Sábado ás 21:00 en Magia en la Manga – 12,00 €

Unha velada con… é un espectáculo de maxia onde un dos membros da compañía Magia en la Manga comparte escenario cun mago invitado. Nesta ocasión Sara Rodríguez actuará xunto a Iago Saavedra nun espectáculo de maxia de cerca.

FAEMINO Y CANSADO – Sábado ás 21:00 no teatro García Barbón – Desde 13,00 €

O famoso e veterano dúo cómico regresa a Vigo para presentar o seu espectáculo 17 veces reloaded.

ALCALÁ NORTE – Sábado ás 21:00 en Mondo Club – Desde 17,00 €

Unha das bandas revelación do ano pasado, Alcalá Norte, actúa este sábado en Mondo Club. Vendo a súa evolución nos últimos meses e a constante participación en festivais, seguro que non vai a ser moi habitual no futuro velos tocar nunha sala deste tamaño.

MADELEINE PEYROUX – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 31,00 €

A cantante, guitarrista e compositora estadounidense Madeleine Peyroux desprega o seu argumentario coa enteireza dos clásicos e conta cunha discografía brillante, de tres álbumes de estudio que combinan orixinais e versións, xunto ao seu recente último traballo Just Walk, co que volveu recibir eloxios de prensa e público. Naceu na sureña Athens (Xeorxia), cidade universitaria e bohemia, creceu escoitando jazz de Nova Orleans e buscouse a vida sendo unha adolescente no barrio latino de París. Con tales credenciais, era case inevitable que Madeleine Peyroux encamiñase os seus pasos á práctica do jazz, pero o que non era tan previsible é que o fixese emulando con tanto acerto a Billie Holiday, Bessie Smith, Patsy Cline ou Édith Piaf.

AS CANDELAS – De sábado a luns en Castrelos – De balde

Bembrive non é a única parroquia que celebra o San Brais. Castrelos organiza esta fin de semana a festa das Candelas. No apartado musical destacan as charangas Os Jalácticos e Noroeste, o trío Nostalgia e La Noche del Grove e a actuación de Ángel América.