COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Saen á venda máis entradas para o concerto de Rigoberta Bandini no Underfest

O concerto inaugural do Festival Underfest a cargo de Rigoberta Bandini cambia de ubicación ao hall do Auditorio Mar de Vigo, incrementando o seu aforo. Os abonos para o festival levan semanas esgotados pero xa se poden adquirir as entradas individuais para a maioría dos concertos.

Os fans de Rigoberta Bandini teñen unha segunda oportunidade para facerse con entradas para o concerto que dará o 2 de outubro dentro do Festival Underfest. Inicialmente programada nos cines Salesianos a actuación inaugural do festival cambia de ubicación ao hall do Auditorio Mar de Vigo. As entradas adquiridas anteriormente manteñen a sua validez e as novas xa están dispoñibles a través de teuticket. Rigoberta Bandini é un dos proxectos españois máis exitosos dos últimos anos e cancións como ‘In Spain we call it soledad’, ‘Too many drugs’ ou ‘Perra’ fixéronse virais en pouco tempo.

O Festival Underfest é o festival urbano por excelencia de Vigo e entre o 7 e o 12 de outubro traerá diferentes propostas aos escenarios máis importantes da cidade. Aínda que os abonos para o festival xa están esgotados, están dispoñibles as entradas individuais para os concertos de La Mala Rodríguez, The Mistery Lights, Mastodonte, Toundra, Bflecha, Lina_Raül Refree e María Arnal i Marcel Bagés. A organización do festival que aínda quedan nomes por sumarse ao cartel que irán desvelando nas próximas semanas.

CALENDARIO ARTISTAS CONFIRMADOS

SÁBADO 2 DE OUTUBRO

RIGOBERTA BANDINI – Auditorio Mar de Vigo (á venda en Teuticket)

XOVES 7 DE OUTUBRO

BFLECHA – Auditorio Municipal De Vigo (á venda en Ataquilla)

VENRES 8 DE OUTUBRO

MASTODONTE – Teatro Salesianos | Escenario FEST Galicia Xacobeo 21·22  (á venda en Ataquilla)

SÁBADO 9 DE OUTUBRO

LINA & RAÜL REFREE – Teatro Salesianos | Escenario FEST Galicia Xacobeo 21·22 (á venda en Ataquilla)

SÁBADO 9 DE OUTUBRO

THE MYSTERY LIGHTS– Recinto por confirmar  (á venda en Ataquilla)

SÁBADO 9 DE OUTUBRO

LEIFUR JAMES – Recinto por confirmar

DOMINGO 10 DE OUTUBRO

MARÍA ARNAL I MARCEL BAGÉS – AUDITORIO MAR DE VIGO (á venda en Teuticket)

LUNS 11 DE OUTUBRO

MALA RODRÍGUEZ “LUJO IBÉRICO UNPLUGGED” – Auditorio Afundación  (á venda en Ataquilla)

LUNS 11 DE OUTUBRO

MARGARIDA MARIÑO– Recinto por confirmar

MARTES 12 DE OUTUBRO

SONRIAS

TOUNDRA performing “DAS GABINET DES DR.CALIGARI”– Teatro Salesianos  (á venda en Ataquilla)