VIALIA
bannerPicnicSesions

Ruta do Río Eifonso (PR-G5)

A senda do río Eifonso atópase na parroquia de Bembrive e debe o seu nome ao río polo que transcorre. A senda camiña paralela á marxe esquerda de dito río. A senda comeza na estrada de Bembrive a Beade, no lugar de Mourelle, a 50m da ponte sobre o río Eifonso. Tamén é posible comezala no Parque Forestal de Beade.

REVISTA ABRIL

A contorna é unha combinación de bosque autóctono, de ribeira e en menor medida piñeiro e eucalipto. Ao longo do camiño, poden verse muíños e subir por un camiño de carro ata a ermida de San Cibrán. Non faltan neste sendeiro reminiscencias do pasado, xa que ao noso paso pola fraga descubriremos os vestixios dun antigo asentamento, “Bene vivere”, do que se conservan camiños lousados.

KM: 4
DURACIÓN: 2 H
DIF.: media-baixa

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.