COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Inauguramos a sección ‘Relato compartido’ con Ledicia Costas

No mes das letras inauguramos na revista en papel a sección ‘Relato compartido’, na que dez escritores vigueses irán escribindo unha historia conxunta ao longo dos próximos meses. O primeiro capítulo, escrito por Ledicia Costas, xa se pode ler.

Aproveitamos que en maio se celebra o Día das Letras Galegas para inaugurar unha nova sección literaria na revista en papel. Neste relato compartido participarán dez escritores da cidade coa única premisa de que Vigo debe ser o marco no que acontece a acción. Ledicia Costas foi a encargada de comezar o relato, seguiranlle Pedro Feijoo, María Reimóndez, Domingo Villar, María Xosé Porteiro, Marcos Calveiro, Francisco Castro, Rexina Vega, Manuel Esteban e Inma López Silva será a encargada de poñerlle fin.

Os autores teñen total liberdade creativa, máis deben continuar a historia onde a deixou o seu predecesor para que o relato unha vez estea completado teña sentido. O relato de Ledicia Costas xa se pode ler tanto na revista física de A Movida de maio (dispoñible en diferentes locais da cidade de forma gratuíta) como na súa versión dixital. Neste primeiro capítulo, o Edificio Simeón, emprazado na Porta do Sol, colle un especial protagonismo; ademais a escritora fai referencia a outros elementos da cidade como o Sireno ou a ninfa e o dragón do Paseo de Afonso. O resto dos relatos iranse publicando mensualmente coa chegada dun novo número da revista.

SONRIAS

[Esta iniciativa conta co patrocinio da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia.]