VIALIA
bannerPicnicSesions

Reforestación en familia este sábado en Matamá

Sémola e a Mancomunidade de Montes de Vigo organizan unha actividade de reforestación en familia este sábado en Matamá. O obxectivo é concienciar a pequenos e adultos da necesidade de coidar os nosos montes.

Tras a vaga de incendios do pasado outubro Sémola puxo en marcha a campaña ‘Somos de Monte’, a través da que quere por en valor o ben natural dos nosos montes. Achegar a pequenos e maiores este patrimonio e reivindicar o traballo no monte.

Este sábado en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo organizan unha actividade de reforestación. Sémola vai dedicar os 1.400 euros recadados na campaña de nadal nesta actividade, á que están convidadas a participar as familias de Vigo. O punto de encontro será o Parque Forestal de Maruxento na Comunidade de Montes de Matamá (ver localización) ás 16:30 horas. Dende alí, as familias sairán camiñando ata á Fraga de Alborezas, onde se levará a cabo a plantación de arbustos autóctonos, que irá acompañada de varias actividades interpretativas. A xornada concluirá cunha merendola para os pequenos a cargo de Sémola.
A actividade está limitada a 25 familias polo que é precisa a inscrición previa nas tendas Sémola ou a través deste enlace.

(GMT+01:00)