JORGE PARDO

Reconquista, Delafé y las Flores Azules e monólogo de Hovik esta fin de semana en Vigo

Fin de semana marcada pola festa da Reconquista, pero na que seguirá a haber movemento nas salas de concertos e teatros. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

A Praza da Constitución ateigada de xente nunha edición pasada da Reconquista | Fernando Lanconde

A RECONQUISTA – Venres a domingo no Casco Vello – De balde

Este ano, debido ao que o venres 28 é festivo, gozaremos de tres días de mercado que estará aberto de 11:00 a 23:30 h o venres e o sábado e ata as 21:00 h o domingo. Durante estas xornadas hai programadas numerosas actuacións nos diferentes torreiros. Ce Orquestra Pantasma, Falperrys, Tino Baz, Leo Arremecagho, Sun Iou, Tres Pesos ou Unto Vello son algúns dos artistas que participarán da festa. A representación da reconquista da Vila de Vigo, que arranca na Porta do Sol, terá lugar o domingo ás 18:00 h.

JALEO VILLAGE – Venres a domingo en MUTA – De balde

Mercado de roupa vintage con todos os produtos a 10,00 € que viaxa polas cidades de toda España.

MONÓLOGO DE HOVIK ‘GRITO’ – Venres ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 28,60 €

O actor Hovik Keuchkerian volve ao stand up despois de máis de quince anos afastado do circuíto da comedia. Volve con ‘Grito’, un espectáculo no que conecta coa súa esencia de cómico. Con este show, recupera un discurso acedo, profundo que por momentos fará sentir incómodo ao espectador.

CONCERTO DE EONDRY E KARMA ANIMAL – Venres ás 21:30 h na Sala Kominsky – 10,00 €

Eondry é un grupo de postrock experimental cun son único cañero e psicodélico, composto por dous arxentinos e un galego. Estarán acompañados do trío de rock vigués Karma Animal.

CONCERTO DE DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES – Venres ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – Desde 22,00 €

Delafé y Las Flores Azules regresan tras más dunha década sen publicar novo material con AMOR, unha aventura artística e unha profunda reflexión sobre a forza do amor en todas as súas formas: o amor pola vida, pola arte, por un fillo, e polo instante presente.

MONÓLOGO DE ÁLVARO CASARES ‘CHECK, UN SHOW BEN’- Sábado ás 19:00 h no Auditorio do García Barbón – Desde 19,80 €

A través de chistes, interaccións co público, e situacións hilarantes, descubriremos o lado máis próximo da vida de Álvaro. Este show é unha homenaxe á esencia das súas redes sociais e o seu inigualable directo.

CONCERTO DE WALLS – Sábado ás 20:30 h na Sala Rouge – Desde 25,00 €

Ginés Paredes, coñecido artisticamente como Walls, é un músico e cantante español. Asóciase principalmente co xénero da música indie e alternativa. O seu estilo musical ten influencias de xéneros como o pop, o rock e a electrónica, e foi recoñecido pola súa capacidade para mesturar sons suaves con letras introspectivas e emotivas. O seu último álbum, Luna 18 é o máis punk ata a data, publicouse en febreiro de 2024.

CONCERTO DE NICOLÁS PASTORIZA – Sábado ás 21:30 h na Casa de Arriba – 7,00 €

Baixo o título Un Día de Ruido en A Casa De Arriba con Nicolás Pastoriza, o músico vigués tocará algúns dos seus últimos temas. Pastoriza foi un músico moi activo da movida viguesa e formou parte de bandas como La Marabunta xunto a Pablo Novoa. Desde 2009 desenvolve a súa carreira en solitario.

CAMIÑO A CAMIÑO – Domingo ás 9:00 h desde a Praza do Rei – De balde

O programa de educación ambiental de Vigo, Camiño a camiño, ofrece rutas de sendeirismo, excursións ás Illas Cíes, acompañamento de cans do refuxio e formación en hortas urbanas entre marzo e xuño. Todas as actividades son de balde. A primeira andaina é este domingo 30 de marzo pola Senda azul do Lagares, de Cabral a Castrelos. É preciso inscribirse no 010.

OBRADOIRO INFANTIL CIENCIA PARA TODOS – Domingo ás 17:30 h no Centro Comercial Camelias – De balde

DEPO

Unha tarde che a de ciencia e diversión para descubrir e aprender da man da Asociación Española contra o Cancro. A actividade ten unha duración de dúas horas, terá lugar na planta alta do centro comercial e ten prazas limitadas, polo que se recomenda inscribirse.