Vitruvia Café abriu as súas portas o 1 de setembro de 2015 na Praza de Compostela, 5. Así, a céntrica alameda viguesa acolle un café diferente que persegue a excelencia. A música, sexa clásica, jazz ou popular, máis un mobiliario orixinal dos anos 50, 60 e 70, máis unha estética que non pode selo sen ética, acompañan uns cafés ecolóxicos, zumes extraídos en frío, tortas artesás, almorzos, tostas, conservas selectas e cócteles propios. Ademais, os concertos de música clásica e jazz que se organizan periodicamente permiten achegarse á música nun ambiente íntimo que lembra ao dos cafés orixinais.