Restaurante no casco antigo da cidade onde se coidan todos os detalles para ofrecer ao seus clientes unha experiencia única, pratos elaborados dunha forma actual con produtos tradicionais, fusionando diferentes culturas gastronómicas nun ambiente familiar e boa música.
Trepia Gastronomía ten o premio á mellor tapa de Vigo do 2018. Con 8 meses de vida decidiron presentarse ao Petisquiño e sendo a primeira vez que se presentaban a un concurso deste tipo levaron o primeiro premio.
Para gozar ao máximo da súa cociña, dispoñen de menú do día que van publicando nas súas redes sociais (Facebook e Instagram).
Horario:
Luns: Pechado
De martes a sábado: 13.00–16.00, 20.00–23.00
Domingo: Pechado