Sara García – PELUQ art é máis que unha perruquería, un espazo que permite o crecemento tanto do pelo como da creatividade. Funciona como complemento a unha galería de arte e actúa como centro multidisciplinario, ofrecendo servizos de perruquería artísticos, fomentando e achegando a cultura, promovendo a produción de proxectos creativos.
As perruquerías son unha parte fundamental da nosa cultura, do noso tecido social, e mesmo, de nosa propia identidade. Son conscientes da súa influencia, e por iso queren aproveitala para xuntar diferentes artes dentro dun espazo polivalente, cunha estética vintage, moderna e moi coidada, achegando e poñéndoa ao alcance do cidadán do montón, deixando que se mergullen na cultura, case sen querelo, durante os seus momentos de relax, lecer e tempo libre.
En PELUQ art as tesoiras non son de punta roma, senón viguesa. O champú cheira a mar e as ondas deslízanse pola caluga. PELUQ art é un lugar de reunión, de charla, de exhibición e apoio ás novas propostas artísticas. Un lugar onde os segredos cóntanse, onde o escondido móstrase, onde os artistas pecan e os pecados perdóanse, onde hai amor entre o simple e o complexo, onde o creado e non exposto e o exposto e non entendido é só un casposo mito da creatividade… Sen esquecer de onde vimos, desde o noso inicio o enfoque da perruquería foi unha necesidade e non un luxo.
Desde PELUQ art queren que sexa un espazo que achegue identidade á cidade, e facer dela un lugar comprometido co seu patrimonio e os seus habitantes. Construír unha rúa grande con máis acción, para conseguir un barrio máis dinámico e belo e vivir finalmente nunha cidade máis proactiva e brillante.
Horario (con cita previa):
De luns a venres: 09.30–19.30
Sábado: 09.30–15.00
Domingo: Pechado
Na súa labor a prol da cultura en Vigo, Sara García PELUQart colabora con eventos que se realizan en diferentes locais da cidade. Un deles son as intervencións teatrais de Teatro Gorrilla:
Próximos eventos:
[add_eventon_el event_location=”816″ number_of_months=”12″ sep_month=”no” ux_val=”3″ hide_mult_occur=”yes” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ hide_so=”yes”]