Tapería situada no centro de Vigo, rexentada por unha parella, que ofrece unha variedade exquisita de comidas e menús. Baixo o obxectivo de facer unha cociña tradicional e caseira, non deixan de lado a inovación e as novas tendencias sumando a súa carta diferentes opcións vexetarianas e adaptadas a celiacos.
Posúe unha ampla terraza no parque da Ronda de Don Bosco, un enclave mítico para as sesións vermús da nosa cidade.
Este é un local perfecto para comidas, cenas e reunións de grandes grupos xa que dispoñen dunha zona reservada para este tipo de celebracións.
Horario:
De martes a sábado: 12.00–16.00 e 19.30-00.00
Domingo: 12.00-16.00