Molotov Club vén revolucionar non só as noites viguesas, senón o panorama cultural.
Kaixo e o seu socio Paulo Ruiz abren nunha emblemática sala da cidade un verdadeiro centro cultural no que todo o interesante e de vangarda ten cabida: concertos que van desde o jazz ata o reggae, trap, techno ou reggaeton, sesións jams e vermut, mercadillos, performances, showrooms, desfiles de moda…
É un escaparate e terreno de xogo para unha nova “movida viguesa”, onde queren colaborar con artistas e colectivos locais para acoller distintas iniciativas, sen cinxirse a etiquetas e xéneros.