Mapis nace como tenda de puericultura no centro de Vigo e un espazo familiar no que os pais e nais teñan asesoramento personalizado e poidan gozar de talleres con profesionais recoñecidos do sector: desde obradoiros de pintura para bebés ata actividades educativas e formativas. Mapis vén a cubrir un oco na cidade en canto á atención orientada a bebés e nenos/as pequenos/as. Detrás deste proxecto atópase Paula, a súa cara visible, quen logo de pasar por varias tendas alleas, decidiu facer realidade o seu propio espazo. Para ela, a mellor atención ás verdadeiras necesidades dos pais e nais e dotar dun lugar de encontro para as familias é a esencia de Mapis.
Por suposto, en Mapis poderás atopar todos os artigos para nais e pais que precises ou poidas soñar: accesorios, carriños, xoguetes… Sempre das mellores marcas e conxugando funcionalidade, estética e diversión. Pero máis ca unha simple tenda, é un lugar no que construír unha comunidade de “Mapis”.