La Tita Rivera nace da paixón pola cervexa e a boa gastronomía arredor de produtos elaborados en Galicia: a súa variedade de cervexas de Estrella Galicia, as sidras Maeloc e o vermut Rivera, con lúpulo galego; os viños de Ponte da Boga e unha selección de pratos moi apetecibles conforman a súa carta, perfecta para degustar na súa terraza ou bonito interior.
Un dos puntos fortes do local é a súa aposta pola sostibilidade: a súa oferta apoia proxectos de recuperación de cultivos e produtores de proximidade. Tamén contan coa botella Réplica, reutilizable, coa que os clientes poden reproducir a experiencia de La Tita en casa, levando as súas bebidas de referencia de Estrella Galicia e Custom Drinks e as cervezas exclusivas LTR, como a Albarrica (madurada nunha barrica de albariño) ou a Lacon Beer (afumada). Unha iniciativa que se suma ao valor que se dá ao reciclaxe no propio local, con parte do mobiliario restaurado para unha nova vida.
En La Tita poderedes gozar de clásicos como a tortilla ou raxo con patacas, de hamburguesas de tenreira galega ou de porco celta, ou dos “Boca-Titas” e aperitivos cun plus de orixinalidade como o seu hummus de maíz e os mexilóns Lume.
E, se buscades no seu interior, atoparedes a porta de casa da Tita Rivera… no número 1906, por suposto!