La tienda de Paz é unha tenda de alimentación, desas de barrio, das de toda a vida, polo que teñen un pouco de todo coidando moito a calidade do produto.
Aínda que o seu nome inclúa o termo “tenda” é moito máis ca iso.
En La tienda de Paz ofrecen almorzos, comidas (menú do día ou carta) e merendas tanto para tomar no local como para levar. Dentro da súa carta podemos atopar opcións veganas, pratos sen glute, sen azucre e tamén sen lactosa onde todas as racións acompáñanse cun vaso de auga alcalina Kangen (PH 9.5).
Tanto na tenda como na zona de restauración atoparás e consumirás produtos de primeira calidade: froita e verdura de tempada e de proximidade sen pesticidas nin químicos engadidos ademais de cereais, legumes, froitos secos, especias e infusións a granel para reducir na medida do posible os plásticos.
Dentro da súa ampla oferta hai que destacar que tamén preparan agasallos a petición do cliente, así como cestas de froita e verdura (con posibilidade de entrega a domicilio) e diversos talleres de cociña e cosmética natural para que os clientes podan facer as súas propias receitas na casa.
La tienda de Paz é unha tenda de sempre na que a proximidade é un valor a coidar pero non queren quedar atrás no avance das tecnoloxías e por elo na súa web www.latiendadepaz.com poderás facer a compra en liña. Ultramarinos, foitería, carnicería, charcutería, produtos envasados, con certificado ecolóxico… toda unha ampla variedade para comprar a distancia pero sempre co agarimo que caracteriza a este establecemento.
Horario:
De luns a venres: 10.00 – 21.00
Sábado: 10.00 – 16.00
Domingo: Pechado