Atípico é un proxecto de circo recreativo e educativo, co que Claudio Casaccia imparte clases e animacións de equilibrio, malabares e acrobacias para nenos, mozos, adultos e familias.
Os obradoiros de circo en familia son unha experiencia para adultos e nenos, un momento de aprendizaxe entre iguais, onde ambos participantes aprenden ao mesmo tempo, pasan un tempo de calidade xuntos e aprenden habilidades intrapersoais, sen esquecer por suposto a diversión e o entretemento!
Atípico tamén propón actividades formativas ou para eventos, festas, festivais, team building ou aniversarios.
A súa misión é darlle a todo o mundo a oportunidade de probar a práctica circense, redescubrir as súas habilidades e divertirse. O circo é unha ferramenta para experimentar e autorrealizarse dun xeito non competitivo e activo, escoitando o noso corpo e o medio. Un instrumento para o desenvolvemento persoal.
Claudio Casaccia é un italiano que vive en Vigo dende hai 2 anos, malabarista e monitor de circo para nenos e adultos dende 2014.
Tras formarse con malabaristas profesionais e cofundar a compañía circense Triandanti (trío de malabaristas e músicos que durante 6 anos actuaron por toda Italia con 3 espectáculos diferentes), en 2013 comeza a súa andaina na pedagoxía circense, estudando a Formación Pedagóxica en Artes do Circo na École de Cirque de Bruxelles (Bruxelas, Bélxica). Un ano despois, especializouse en circo adaptado para persoas con discapacidade na mesma escola, e participou na formación Circus Trans Formation para monitores de circo social da rede europea Caravan Circus Network. Desde entón, traballou como monitor circense multidisciplinar en España, Bélxica, Suíza, Italia, Luxemburgo e Cambodia.
The following two tabs change content below.
Pablo Vázquez
Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Tina Estarli, acróbata do Cirque du Soleil: “O importante non é que unha persoa destaque, senón que destaque o show” - 22 Xaneiro, 2025
- Novidades musicais viguesas para pechar o 2024 - 27 Decembro, 2024
- O máis lido de 2024 en A Movida - 24 Decembro, 2024
- Cafetería Turmalina - 17 Decembro, 2024
- Pepe Fernández - 17 Decembro, 2024