Un espazo de lecer especialmente pensado para gozar.
Cun ambiente distinguido e acolledor, Albatros preséntase como a aposta segura para un plan inesquecible. A súa cociña gourmet de vangarda, baseada na calidade do produto galego de mercado, é o complemento perfecto para a beleza sutil que a Ría de Vigo móstranos desde todos os seus espazos.
A súa versatilidade convérteo no lugar idóneo para todo tipo de celebracións. Dispoñen de dúas terrazas a pé de ría e sobre o peirao de transatlánticos onde gozar dunha tarde en familia, unha Mahou con amigos ou un vermú coa túa parella.
Tódolos días oferta un menú do día que publican tanto na súa web como nas redes sociais (Facebook e Instagram).
Horario:
Horario de verán:
- De domingo a xoves de 12.00 a 00.30 (domingo pola noite sen servizo de cociña).
- Venres e sábado de 12.00 a 02.00
Horario de outono-inverno-primavera:
- De domingo a xoves de 12.00 a 22.00 sen servizo de cociña polas noites.
- Venres e sábados de 12.00 a 01.00 con servizo de cociña polas noites.
Cociña aberta todos os días ao mediodía.
Abren as noites de domingo a xoves para ceas de grupos programadas; ver menús de grupo na súa web.