A Casa de Arriba é un dos locais máis senlleiros da noite viguesa. Aberto en 1999, este espazo funciona tanto como bar (cunha cómoda terraza) como sala de concertos, onde programan semanalmente actuacións de jazz (os martes), blues (dous xoves ao mes) e outras músicas de raíz americana.
Artistas galegos, estatais e internacionais teñen visitado o seu pequeno e acolledor escenario para realizar shows íntimos para un público selecto. Ademais de concertos, A Casa de Arriba tamén alberga presentacións de libros, proxeccións, exposicións, teatro ou sesións DJ.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024