COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Raphael convídanos a bailar con el ata o infinito

Rafael Martos, convertido en Raphael dende fai máis de cinco décadas, volve a Vigo coa súa xira ‘Loco por cantar’. Interpretará as súas cancións máis coñecidas e temas compostos por artistas como Bunbury, Vega, Iván Ferreiro, Pablo López, Dani Martín ou Rozalén. Unha colaboración cos músicos de hoxe para continuar a reinventarse e seguir a bailar ata o infinito.

Loco por Cantar é un dos catorce temas que forman o último disco de Raphael, Infinitos bailes. Un traballo no que contou coa colaboración de catorce artistas actuais que compuxeron cada un deles un tema para ser interpretado por o artista de Linares. Entre os autores dos temas hai nomes de sobra coñecidos como Enrique Bunbury, Manuel Carrasco, Vega, Vanesa Martín, Iván Ferreiro, Pablo López, Dani Martín, Diego Cantero, Mikel Izal, Jorge Marazu, Virginia Maestro, Rozalén, Paco Cifuentes e Paty Cantú. Raphael, no seu continuo afán de reinventarse quixo establecer así unha relación con artistas de xeracións máis novas. Sen querer ouvir falar de retirarse chega a Vigo con este concerto no que haberá moita sabia nova pero sen que falten os temas que lle deron a fama.

SONRIAS

Ás 23:00 horas subirase ao escenario de Castrelos, lugar no que se sinte máis cómodo. Xa o demostrou con tan só 9 anos no Festival de Salzburgo onde acadou o premio á mellor voz infantil de Europa. Agora, pasados os 70 continúa a deixar patente en cada concerto que naceu para estar enriba das táboas. Raphael volve a Vigo coa seguridade de que encherá unha vez máis. Pode presumir de que é o único cantante de fala hispana en conseguir o disco Uranio tras vender 50 millóns de copias. Fito que o catapultará ata o infinito.