CASAACUNHA

‘Puertas’: 47+1 portas para reflexionar sobre a violencia machista

Hoxe inaugurouse no Centro Comercial Travesía a exposición Puertas, un proxecto artístico para visibilizar a violencia de xénero durante o pasado ano a través de case medio centenar de portas. A mostra poderase ver ata o día 4 de setembro.

A planta superior do Centro Comercial Travesía acollerá ata o 7 de setembro a exposición Puertas, unha iniciativa da axencia artística Dimensión. Non é unha iniciativa política, nin militante, nin un discurso unidireccional. Senón unha sinxela e ao mesmo tempo impactante reflexión artística formada por 47+1 portas decoradas por distintos artistas.

Banner A Movidiña

Cada unha das portas correspóndese a unha vítima de violencia de xénero no pasado ano 2018. Desta forma, cada unha delas leva o nome da muller asasinada, o lugar onde aconteceu o crime e un código QR co que ver un vídeo co proceso creativo da peza. Cada artista, que traballou de maneira desinteresada, recibiu información sobre o suceso, sempre evitando as partes máis escabrosas e “amarelistas’. As portas, cada unha distinta á anterior, están decoradas de formas variadas, como poden ser pintura, escultura, spray, collage ou realizando alteracións na propia estrutura, como perforacións ou cortes.

Cada intervención artística conlevará a unha reflexión cara á sociedade. Unha reflexión que pretende sensibilizar, axitar conciencias, xerar unha reflexión e un debate aberto e libre na sociedade. 700.000 mulleres maltratadas en todo o país, unha media de 60 asasinatos ao ano (e xa van 921 desde 2003), 48 o pasado ano e 34 o que va deste son cifras drmáticas e avergoñantes para calquera sociedade.

Mencionabamos anteriormente que eran 47+1, xa que a número 48 é a que representa a todas esas persoas non recoñecidas oficialmente como víctimas de violencia de xénero. Neste caso, a porta leva o nome de Asier Niebla, un home que foi agredido na Semana Grande de San Sebastián polo ex mozo da rapaza coa que estaba a falar, e tras dous meses en coma, Asier morreu en outubro de 2018. Esta é a primeira vez que se exhibe a obra.

(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo