REVISTA ABRIL

Prime Video estreará ‘Operación Marea Negra’, a serie sobre o narcosubmarino galego

Da man de Ficción Producciones chega o próximo mes de febreiro a Prime Video Operación Marea Negra, inspirada na historia real do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa, que contiña tres toneladas de cocaína no seu interior. Esta ficción virá acompañada dunha serie documental sobre esta travesía de 26 días polo Atlántico e, por se fora pouco, este venres 13 sae á venda o libro homónimo de Javier Romero.

Prime Vídeo desvelou esta semana o trailer da serie exclusiva de Amazon Operación Marea Negra, inspirada na historia real do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa e que se estreará en exclusiva en Prime Vídeo en febreiro de 2022. Ambientada en novembro de 2019, un semisumerxible de construción artesanal atravesa o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no seu interior. Dentro, tres homes sobreviven a tormentas, correntes, avarías, fame, pelexas e un constante acoso policial. Á fronte dos mandos vai Nando, un mozo vigués campión de España de boxeo amateur e mariño experto sen recursos económicos, que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.

REVISTA ABRIL

A nova serie Amazon Exclusive contará con 4 episodios de 50 minutos de duración producidos por Ficción Producións, empresa responsable de 3 caminos e Vivir sin permiso. Está dirixida por Daniel Calparsoro, experimentado realizador, e conta no reparto con nomes comor Álex González, Nerea Barros, Nuno Lopes, Miquel Insua, Luis Zahera,  Xosé Barato, Carles Francino, Manuel Manquiña, Lúcia Moniz, Luís Esparteiro, David Trejos, Leandro Firmino e Bruno Gagliasso.

O actor Álex González interpretará a Agustín Álvarez, o protagonista de toda esta historia. O mozo vigués, campión de boxeo amateur en España hai anos, viaxou en outubro de 2019 a Brasil coa misión de transportar 3000 quilos de cocaína a través do Atlántico nun submarino artesán de 20 metros de eslora. A axencia antidroga de EEUU, a DEA, informou a España de que o navío ía cara alí, polo que non foi difícil detelos na súa chegada. Os dous tripulantes ecuatorianos foron apresados ao instante, mentres que Agustín consegui esconderse durante catro días, mais foi finalemnte esposado.

As persoas interesadas nesta odisea están de sorte, pois hai material audiovisual e literario para un bo anaco: ademais da serie de ficción, Prime Video estreará Operación Marea Negra: La travesía suicida, unha serie documental que afonda na travesía de 26 días polo oceáno; e tamén o libro Operación Marea Negra, á venda desde este venres 13, obra do xornalista vigués Javier Romero, quen se encargou de cubrir este caso para La Voz de Galicia. O plumillas é especialista na cobertura deste tipo de sucesos escabrosos: o caso de Diana Quer, narcotráfico, Los Charlines, prostitución ou o recente asasinato en Vigo dun profesor.

Javier Romero,cunha patrulla da Armada en Colombia durante a gravación do documental Operación Marea Negra, la travesía suicida | Cedida