VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Os mellores plans para gozar da Semana Santa en Vigo

Xa chegou a Semana Santa e, con ela, dous días festivos e unha fin de semana ideais para sacarlle partido a todo o que nos ofrece Vigo a nivel cultural, gastronómico e natural. Aquí vos deixamos algunhas ideas variadas para desfrutar destes días. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Esta Semana Santa pode ser un un bo momento para ir comer ou cear a ese restaurante ao que levamos tempo querendo ir pero non damos atopado o día. A comezos de ano recompilamos algúns dos establecementos máis apetecibles segundo o noso tipo de comida favorito: tradicional, carne, económico, vexetariano, mariscos e peixes, cociña internacional… Se queremos saír de Vigo, unha boa opción pode ser 4 Elementos, un fermoso restaurante situado no centro histórico de Tui que sirve pratos orixinais de carnes, peixes e verduras á grella.

Parece que o pronóstico climatolóxico non é todo o bo que nos gustaría, pero aínda así, cun bo calzado e un chubasqueiro en condicións, pode ser un bo momento para descubrir as rutas que temos nos arredores de Vigo. Hai uns anos preparamos unha completa guía de sendeirismo con trece rutas desde Saiáns a Zamáns, pasando por Beade, Matamá, Beade, Coruxo, Cabral, Oia ou Valadares.

A música en directo sempre é unha boa opción e, por sorte, Vigo ofrece boa cantidade, variedade e calidade de concertos. Centrándonos nos artistas locais, o venres 18 temos a Youcanthide, xunto a Notyourbusiness e Detached, na sala Kominsky, a Natary Feel no Lar das Artes e a Gabriel MacKenzie na Casa de Arriba. Neste mesmo espazo tamén actuará Sabela Cereijo o sábado 19.

Os espectáculos, do tipo que sexan, tamén son outra boa alternativa para sacarlle partido a estes días festivos, malia que sexan días con pouca programación escénica. O sábado 19 Galería Maraca acolle a presentación de Averío, un novo grupo artístico travesti de Vigo. Puro Delirio, o restaurante que mestura gastronomía e diversión, ten varias actividades programados baixo a temática do circo dos monstruos. O CVC Valadares acolle a catro humoristas galegas pola XI Mostra da oralidade Por boca de muller. Dúas das actuacións son o xoves 17, con Bea Campos, e o venres 18, con Antía Costas.

Por se a chuvia non dá tregua temos máis plans baixo teito. Agora mesmo temos en carteleira, nas diferentes salas de Vigo, El confidencial, do famoso director Steven Soderbergh; Warfare, o novo filme de Alex Garland; The Amateur, película de James Hawes protagonizada por Rami Malek; a comedia española Un funeral de locos, de Manuel Gómez; o blockbuster Una película de Minecraft; o thriller Tierra de nadie, protagonizado polo galego Luis Zahera; a terceira entrega de Paddington ou Muy lejos, protagonizada polo coruñés Mario Casas.

REVISTA ABRIL

As vacacións escolares fan que os plans con nenos e nenas sexan un dos principais pasatempos desta Semana Santa. No Ifevi temos, do 16 ao 20 de abril, megaestruturas inchables da man de Funtastik no Limits. Vialia propón La casa de muñecas de Gabby mércores, xoves e sábado con horario de mañá e de tarde. Polo Día do Libro o Centro Comercial Camelias acollerá unha tarde literaria moi especial da man da escritora Mar Míguez o sábado 19, na que haberá contacontos e sinaturas de libros. Espectáculos de maxia para toda a familia teremos no Vigo Rúa Máxica de mércores a sábado no Auditorio do Concello.