VIALIA
bannerPicnicSesions

Pianistas internacionais rétanse en Vigo

O ruso Vladimir Petrov álzase coa primeira posición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo. Onte celebrouse unha disputada final no Auditorio do Concello e o domingo terá lugar o concerto de clausura do certame.

Finalistas do II Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo

Os pianistas Feodor Amirov (Rusia), Junhui Chen (China), Mihai Emanuel Grossu (Romania), Anton Iashkin (Rusia), Kenichiro Kojima (Xapón) e Vladimir Petrov (Rusia) disputáronse a final do II Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo. Os músicos foron os finalistas dun concurso que reuniu na cidade a un total de 131 pianistas chegados de todo o globo. Os finalistas dispuxeron de 25 minutos de actuación cada un e foron quen de pór contra as cordas ao xurado que tardou en chegar a una deliberación. Finalmente o xovencísimo pianista ruso Vladimir Petrov, de 21 anos, alzouse co primeiro galardón. Petrov elixiría para a final temas de Bethoven e Prokofiev, e acertou.

Esta edición do certame leva por nome Alicia de Larrocha en honra á pianista española máis importante de tódolos tempos. En agradecemento, a súa filla, Alicia Torra estivo presente no concurso. Foi unha das partes emotivas do certame.

REVISTA ABRIL

O domingo se clausura o certame cun gran concerto da man dos membros do xurado. Formado por algúns dos mellores pianistas do mundo como son: Tamás Vásáry, Pablo Galdo, Cyprien Katsaris, Paul Badura-Skoda e Jorge Luis Prats. Un concerto a catro, seis e oito mans no que interpretarán obras de Schubert, Ganz, Lavignac e Rachmaninoff.

GALARDÓNS:

PRIMER PREMIO “ZOLTÁN KOCSIS” Vladimir Petrov
SEGUNDO PREMIO “GALICIA” – Anton Iashkin / Junyan Chen
TERCER PREMIO “JUAN MONTES” – Feodor Amirov / Kenichiro Kojima
PREMIO KNS CLASSICALCONCEDIDO A UNO DE LOS FINALISTAS: Snton Iashkin / Junyan Chen
PREMIO “ROSA SABATER”AL MEJOR PIANISTA ESPAÑOL: Pascual Encarnación Garrido / Arturo Abelllán Sánchez
PREMIO “PEPITO ARRIOLA” AL MEJOR PIANISTA GALLEGO: Betty Cortiñas Lorenzo
PREMIO “CRISÓSTOMO ARRIAGA”AL MEJOR CONCURSANTE MENOR DE 20 AÑOS: Iashkin Anton/ Junyan Chen
PREMIO ESPECIAL DEL PÚBLICO “MARTíN CÓDAX” – Junyan Chen
PREMIO “BACH”AL MEJOR INTÉRPRETE DE UNA OBRA DE J.S. BACH: Anton Iashkin
PREMIO “MARCIAL DEL ADALID” AL MEJOR INTÉRPRETE DE UNA OBRA DE UN COMPOSITOR ESPAÑOL: Junyan Chen
PREMIO ESPECIAL “TAMÁS VÁSÁRY” AL INTÉRPRETE PREFERIDO DEL MAESTRO VÁSÁRY: Ivana Damjanov
PREMIO “ANDRÉS GAOS”AL MEJOR INTÉRPRETE DE UNA OBRA DE UN COMPOSITOR GALLEGO. (EN ESTA EDICIÓN JUAN DURÁN): Nikita Tonkonogov
PREMIO “ROSALÍA DE CASTRO”AL MEJOR INTÉRPRETE DE UNA OBRA DE UNA MUJER COMPOSITORA: Eri Yamamoto