COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Pérez Rumbao invítache a ver a Mikel Erentxun e Broken Peach

O concesionario Pérez Rumbao Car estrea novas instalacións este xoves e faino por todo o alto co evento T-Rock & Roll, que contará coas actuacións de Mikel Erentxun e Broken Peach.

O rock será o gran protagonista na festa de presentación das novas instalacións do concesionario Pérez Rumbao Car na Avenida de Madrid. Un centenar de persoas poderán gozar do directo de Mikel Erentxun e o grupo Broken Peach, este xoves a partir das 20:00 horas. As cen invitacións se sortearán entre tódolos inscritos a través deste link.

Será un concerto intimista, pensado para que os asistentes non deixen de cantar e bailar. O cantautor vasco, Miquel Erentxun, tocará os temas máis rockeiros da súa discografía en solitario e da súa etapa en Duncan Dhu. A banda Broken Peach interpretará grandes éxitos do rock nun espectáculo cargado de grandes doses de enerxía. Ademais, estarán acompañados por un grupo de animadores e coreógrafos para que ninguén quede sen mover o esqueleto.

A concesionaria aproveitará a ocasión para presentar o novo Volkswagen T-Roc, un novo crossover que destaca polo seu deseño e a tecnoloxía de vangarda que leva incorporada.

(GMT+01:00) Pérez Rumbao Car

SONRIAS

(GMT+01:00) Pérez Rumbao Car