VIALIA
bannerPicnicSesions

OT porá o broche aos concertos de Castrelos

Os cinco extriunfitos: Luis Cepeda, Roi Méndez, Miriam Rodríguez, Aitana e Ana Guerra serán os encargados de pechar o ciclo de concertos de verán en Castrelos. A actuación terá lugar este venres ás 22:30 horas e aínda que as entradas voaron en cuestión de horas o concerto poderase ver gratuitamente dende as gradas.

REVISTA ABRIL

Miriam, Cepeda e Roi, os tres concursantes galegos desta edición de Operación Triunfo

Todo ten un final e os concertos de Castrelos este verán chegan ao seu fin. Pero o farán cunha das citas que máis expectación teñen xerado, o concerto de cinco exconcursantes da última edición de Operación Triunfo. O éxito está asegurado, as entradas vendéronse en tan só dúas horas polo que non será de estrañar que este venres o Auditorio de Castrelos volva bulir de xente. O espectáculo correrá a cargo dos tres concursantes galegos do programa: Luis Cepeda (Ourense), Roi Méndez (Santiago de Compostela), Miriam Rodríguez (Pontedeume) e as interpretes dun dos temas deste verán ‘Lo malo’: Ana Guerra e Aitana.

A pesar de que o programa rematou o pasado mes de febreiro os triunfitos non deixan de levantar paixóns e a xira que os está a levar por toda España é todo un éxito. Vigo terá a oportunidade de gozar da actuación destes cinco participantes a partir das 22:30 horas do venres. Os artistas aproveitarán a ocasión para presentar os seus primeiros singles en solitario. Poderemos escoitar a canción ‘Hay algo en mi’ da galega Miriam Rodríguez, ‘Por una vez más’ de Roi e ‘Esta Vez’ de Cepeda. Pola súa banda Aitana e Ana Guerra interpretarán ‘Lo malo’, o tema que estivo a piques de representar a España na última edición de Eurovisión e que as ten levado ata o número un dos 40 Principales. Pero de seguro que tamén soarán os seus temas en solitario que non paran de colleitar éxitos:  ‘Teléfono’ de Aitana e ‘Ni la hora’, o single que Ana Guera interpreta xunto a Juan Magán

Por suposto, Castrelos tamén poderá escoitar en directo aqueles temas cos que tiveron máis éxito durante a celebración do ‘talent show’ e que os ten levado ata o lugar onde se atopan hoxe en día.