CASAACUNHA

OT 2017 chega a Vigo nun concerto fóra da xira oficial


Aitana, Ana Guerra, Míriam, Cepeda e Roi actuarán no Auditorio de Castrelos o 10 de agosto enchendo a cidade do furor OT.

Concerto de OT en Madrid | RTVE.es

Era unha das noticias máis esperadas, aínda quedaba algunha data por confirmar dos concertos de verán de Castrelos e hoxe o alcalde confirmou o que será todo un fenómeno de masas. Os tres cantante galegos da última edición de OT Míriam, Cepeda e Roi, xunto con Aitana e Ana Guerra actuarán en Castrelos o venres 10 de agosto ás 22.30 horas.
O alcalde confesou que moita xente lle pedía un concerto de OT xa que Vigo foi unha cidade esquecida na xira oficial e por fin o “fenómeno de masas europeo” ven á nosa cidade.
De seguro escoitaremos temas como ‘Lo malo’ de Aitana y Ana Guerra ou os novos temas dos triunfitos galegos: ‘Hai algo en mi’ de Míriam, ‘Por ti estaré’ de Cepeda ou o recen estreado single de Roi ‘Por una vez más’.

Con esta última confirmación o cartel de concertos de Castrelos queda así:
– 12 xullo: Little Steven
– 21 de xullo: Joan Manuel Serrat
– 23 de xullo: Maná
– 27 de xullo: Dorian e Zoe
– 31 de xullo: Morat
– 2 de agosto: Raphael
– 4 de agosto: Cantajuegos
– 8 de agosto: Juanes
– 10 de agosto: OT (Aitana, Ana Guerra, Míriam, Cepeda e Roi)