CAMELIAS MASCOTAS
O barrio de Coia convértese en plató de cine esta fin de semana

Os principais festivais de cine do mundo crean un certame conxunto en Youtube

Festivais como o de Cannes, San Sebastián, Venecia ou Berlinale crean We Are One: A Global Film Festival, un evento gratuíto que se retransmitirá por Youtube a partir do 29 de maio.

REVISTA NOVEMBRO
O barrio de Coia convértese en plató de cine esta fin de semana
O barrio de Coia convértese en plató de cine esta fin de semana

A industria do cine está a ser fortemente golpeada pola crise xerada polo COVID-19, pero ante as adversidades sempre xurden propostas interesantes como esta, na que os principais festivais de cinema do mundo son capaces de coordinarse para ofrecer ao público un evento a través do que achegarse a filmes feitos nas diferentes partes do globo.

Do 29 de maio ao 7 de xuño atoparemos en Youtube longametraxes, curtametraxes, documentais, música, humor e charlas con actores e directores. Todo totalmente gratis. En We Are One participan os festivais de San Sebastián, Venecia, Cannes, Berlinale, Guadalaxara, Annecy, Toronto, Locarno, Xerusalén, Karlovy Vary, Londres, Macao, Marrakech, Mumbai, Nova York, Saraievo, Sundance, Sidney e Tokio.

A iniciativa foi capitaneada por Robert De Niro e Jane Rosenthal, responsables do Festival de Cinema de Tribecca, que se celebra estes días en Nova York sen público, pero con premios e algunha das películas dispoñibles na internet. Segundo un comunicado conxunto, o macro festival “ofrecerá ao público historias procedentes de todo o mundo, proporcionando aos cineastas un altofalante nun escenario global”. Ademais, os beneficios irán á Organización Mundial da Saúde (OMS), así como a entidades destinadas á loita contra a enfermidade nos distintos territorios.